Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os humanos lograron predicir eclipses no século IV a. de C. tras milenios de observación

Os humanos lograron predicir eclipses no século IV a. de C. tras milenios de observación

O coñecemento do movemento dos astros era xa moi amplo en antigas civilizacións

Foron científicos como Newton ou Kepler os que achegaron o coñecemento necesario para prever as eclipses con total exactitude

G24.gal 18/06/2026 13:14

A luz no Nadal, no solsticio de inverno, iluminando o altar maior na catedral de Santiago é so un exemplo do coñecemento do movemento dos astros e do uso simbólico da luz do sol, que é moi anterior ás relixións monoteístas.

"Tendo en conta que o sol tamén se divinizaba, porque del dependían as colleitas, a vida e a propia subsistencia, pois un fenómeno tan extraordinario como que se tape o sol -unha eclipse- podía ser interpretado desde unha perspectiva mítica, que daquela era a ferramenta mental que había para explicar as cousas", relata Rafael Quintía, presidente das Sociedade Antropolóxica Galega.

Quintía explica que os antepasados orientaban mámoas para que os raios do amencer do solsticio de inverno estrase polo corredor.

"Esa orientación de que a cámara funeraria estea ao poñente pero a entrada cara ao nacente, xusto no día do ano en que o sol recobra a súa forza pode ter un uso simbólico que tamén serve para manipular", matiza.

Desde o Instituto Astrofísco de Canarias, o profesor Belmonte, experto internacional en arqueoastronomía leva décadas estudando o coñecemento dos astros nas distintas civilizacións ao longo da historia.

"Sempre me gusta dicir que hai vida máis alá de Stonehenge. O coñecemento dos astros era un instrumento de poder enorme. Nas dinastías lendarias da China, un par de astrónomos perderon a cabeza porque foron incapaces de predicir unha eclipse. Pero é en Babilonia, despois de Alejandro Magno, onde temos a evidencia do coñecemento do ciclo Saros", relata Juan Antonio Belmonte, especialista en Arqueoastronomía do IAC .

Está documentada a batalla da eclipse, entre medos e lidios, no século VI antes de Cristo. O impacto da noite pecha en pleno día xa non produce medo pero aseguran que a sensación de asombro por unha eclipse total non se esquece na vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade