Onde gozar da eclipse -ademais de na Galega- o 12 de agosto?
A CSAG ten prevista unha programación especial para seguir a eclipse, que arranca dous días antes cunha canle FAST en AGalega.gal
Durante pouco máis dun minuto, Galicia deixará de vivir un solpor para mergullarse nunha noite inesperada. A eclipse solar do 12 de agosto transformará a paisaxe, alterará a luz do ceo e converterá a comuidade nun dos destinos máis buscados por curiosos dispostos a presenciar un fénomeno pouco habitual.
A comunidade será un dos poucos lugares desde os que poderá contemplarse a eclipse en condicións privilexiadas. A franxa de totalidade curzará o norte e o leste de Galicia, mentres que no resto do territorio o fenómeno tamén será visible, aínda que de forma parcial. A duración variará segundo a zona, con máis dun minuto de escuridade.
Para facilitar a observación, a Xunta elaborou un dispositivo especial con máis de 80 puntos oficiais repartidos polas catro provincias. A maioría sitúanse en praias, miradoiros, paseos marítimos e espazos elevados, lugares con boa visibilidade do horizonte e capacidade para acoller ao público.
A Coruña: a costa concentra algúns dos mellores puntos de observación
A provincia da Coruña reúne un elevado número de localizacións oficiais, especialmente ao longo da costa norte e occidental. Municipios como Oleiros, Miño ou Ares, entre outros, contan con praias, paseos e miradoiros desde os que seguir a eclipse. Tamén se facilitaron espazos no interior da provincia para facilita a observación do fenómeno.
Lugo: da Mariña ao interior baixo a franxa de totalidade
Lugo será outra das provincias privilexiadas para vivir a eclipse. A franxa de totalidade atravesará boa parte do territorio, desde a Mariña ata as comarcas do interior. O dispositivo inclúe praias emblemáticas e áreas naturais que permitirán observar o eclipse en boas condicións.
Ourense: miradoiros naturais para seguir o fenómeno
Os puntos habitlitados nesta provincia concéntranse na zona oriental, onde a eclipse será total. Zonas como A Rúa ou o Barco de Valdeorras ofrecerán condicións óptimas para contemplar o momento da máxima ocultación.
Pontevedra: unha eclipse parcial con máis do 90 % de ocultación
Aínda que a provincia de Pontevedra queda fora da franxa de totalidade, eclipse será parcial cunha ocultación superior ao 90 % na maior pate do territorio. O dispositivo inclúe praias e parques desde os que seguir con seguridade o fenómeno.
A CSAG desprega unha cobertura especial da eclipse
A TVG realizará un operativo especial o 12 de agosto con emisións en directo desde distintos puntos da comunidade. A despregadura terá dous centros principais: Ribadeo, onde se emitirán dáus edicións de Hora Eclipse, e o Faro de Mera, en Oleiros, desde onde se producirán os dous Especiais Eclipse e se coordinarán as conexións co resto de Galicia.
Ao longo da xornada, os servizos de informativos ofrecerán un seguemento continuo do fenómenos con conexións desde lugares como Santiago, Fisterra, A Guarda, o Banco de Loiba, Vigo o tellados da catedral de Mondoñedo, onde tamén se desenvolverán actividades diulgativas e culturais arredor da eclipse.
Ademais, en AGalega.gal estará dispoñible unha canle FAST dedicada en exclusiva á eclipse con toda a información para non perderse nada arredor deste fenómeno.
Non todos os lugares son aptos para ver a eclipse
A grande expectación que esperta a eclipse levou as administracións a delimitar unha serie de zonas nas que non se recomenda concentrar público. Trátase de espazos que presentan limitacións de acceso, dificultades de evacuación, riscos para a sguridade ou para o medio natural. Entre eles figuran: a Torre de Hércules, na Coruña, O Fuciño do Porco, no Vicedo, O Monte Pindo en Carnota, ou a Fervenza da Toxa, en Silleda.
As autoridades recomendan planificar o desprazamento con antelación e optar polos puntos oficiais habilitados polos concellos, avaliados segundo criterios de seguridade, accesibilidade e capacidade para acoller o público. Ademais, a relación de espazos recomendados poderá actualizarse ata os días previos ao fenómeno en funcións das necesidades do operativo.