A observación do eclipse acapara os plans para o doce de agosto
A maioría xa escolleu o lugar e a compañía para observar o fenómenos astronómico
Será a primeira eclipse solar total visible desde a Península Ibérica desde 1912. Daí a enorme expectación.
"Para a xente que estuda este tipo de fenómenos será moi interesante e para os demais algo novo nas nosas vidas", di unha bañista en Riazor.
"Nos xa non imos volver velo. Cos nosos anos temos que aproveitar", sinala unha veciña que terá a sorte de desfrutar o momento desde a terraza da súa casa.
"Será algo lindo de ver. Dáme mágoa perdelo, pero agardo que a xente que veña o goce", comenta unha rapaza que estará traballando durante a ecplise.
Somos uns privilexiados, a eclipse cruzará a nosa comunidade de oeste a este e máis de 150 municipios galegos experimentarán a escuridade completa. O Sol estará baixo e cómpre escoller ben o lugar de observación. En familia, ou coas amizades, a maioría xa pensou en como vivirá o momento.
Ribadeo é un dos municipios situados dentro da franxa da totalidade, por iso vanse reforzar as liñas de autobús desde Lugo e Foz. Tamén haberá conexións especiais desde Vigo cara Ferrol e Á Coruña, onde a ecplise coincidirá co Deportivo- Real Madrid do Teresa Herrera. O Concello coruñés deseñou un plan especial de mobilidade para o 12 de agosto, ese día histórico do que tanto levamos falado. Estamos máis que preparados.