Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous condutores son trasladados ao hospital tras bater os seus coches en Cee

Dous condutores son trasladados ao hospital tras bater os seus coches en Cee

Un dos condutores quedou atrapado no vehículo e houbo que excarceralo

Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte
G24.gal 18/04/2026 14:32

Dous condutores resultaron feridos e tiveron que ser trasladados ao hospital de Cee tras chocar os seus vehículos nesa localidade coruñesa.

En concreto, segundo informa o 112 Galicia, o sinistro produciuse por unha colisión frontolateral na AC-552, na Pereiriña cara ás 10.30 horas, momento en que unha testemuña do accidente contactou o teléfono de emerxencias para pedir axuda, xa que había persoas feridas.

Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte

Un dos condutores estaba atrapado no interior do coche, polo que foi necesario empregar o equipo de excarceración para sacalo.

Tanto el como o outro implicado foron trasladados ao Hospital de Cee.

Ademais de bombeiros e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cooperaron no operativo os axentes da Policía Local. 

Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade