Cargando resultados...
Compostela, a golpe de aldraba
O fotógrafo Xaquín Nóvoa fotografou case 400 petadores só no conxunto histórico de Santiago
O ferreiro Chago reinvidica o deber de manter as aldrabas porque ve nelas historia, oficio e tradición
G24.gal
18/04/2026 15:30
Última actualización 17/04/2026 19:20
Nas portas de Compostela consérvanse centos de aldrabas. Adoitan ser de ferro ou de bronce. Moi útiles no seu tempo, hoxe son sobre todo un elemento decorativo, pero aínda nos falan dos oficios e da historia.
Da man do ferreiro e do fotógrafo, percorremos parte da historia destas pezas e, dende simples aros ata dragóns e princesas, descubrimos a súa sorprendente variedade.