Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Armada desprégase en Burela para simular o afundimento dun pesqueiro

A Armada desprégase en Burela para simular o afundimento dun pesqueiro

O operativo incluiu o rescate dos tripulantes e a contención dunha vertedura mediante barreiras

Máis de cen profesionais de medios navais, aéreos e terrestres participaron neste ensaio, que busca poñer a proba a coordinación entre os medios ante unha catástrofe real

Este dispositivo, coordinado pola Armada, encádrase dentro dos exercicios MARSEC
 

G24.gal 18/04/2026 17:08

A Armada despregouse este sábado no porto do municipio lucense de Burela para realizar un simulacro de afundimento dun pesqueiro con catro tripulantes a bordo.   

O simulacro, que comezou ás 10.30 horas do sábado e se estendeu ata as 13.30 horas, contou cun sistema de megafonía para narrar o que ía sucedendo.

Durante o simulacro un pesqueiro en tránsito de arribada ao porto de Burela detectou unha vía de auga interna, debido a unha fractura da estrutura do buque.    

O patrón do buque deu o aviso pola canle de emerxencias e o pesqueiro, con catro tripulantes a bordo, acabou afundíndose nas proximidades da bocana do porto, o que provocou unha vertedura de combustible.  

En canto os catro ripulantes do pesqueiro: un quedou ferido leve, outro grave e inconsciente, outro atrapado no buque e un desaparecido.

Neste escenario, dous dos náufragos foron rescatados por embarcacións do Gardacostas de Galicia e Aduanas, que os trasladaron ao peirao de Burela, onde Cruz Vermella tiña un posto de atención sanitaria. 

Pola súa banda, os mergulladores do 'Arnomendi' realizaron unha inmersión co obxectivo de rescatar o pescador atrapado, que foi trasladado a bordo do patrulleiro para recibir unha primeira atención sanitaria.

Este ferido foi evacuado posteriormente polo helicóptero 'Pesca II' a un centro hospitalario en terra. Así mesmo, outro dos tripulantes foi rescatado desde a auga polo 'Pesca II' e trasladado ao buque hospital do ISM 'Juan da Costa'.

Unha vez evacuados todos os feridos, procederon ao despregamento de barreiras anticonaminación para conter a vertedura do combustible e os mergulladores reflotaron o pesqueiro para levalo a porto.   

Durante este exercicio, que a Armada desenvolve de xeito anual, prográmanse 15 escenarios por todo o litoral español. A elección de Burela, segundo detallou, débese a que o patrulleiro se atopaba realizando unha campaña de vixilancia nesta zona, polo que era o "escenario idóneo".

Obxectivos do Marsec 

O obxectivo deste exercicio pasa por mellorar a coordinación e interoperabilidade ante as diferentes axencias e organismos con responsabilidade na contorna marítima, ante situacións de emerxencia no mar.

Ademais, incrementan o adestramento en procedemento de reflotamiento de buques, atención e evacuación de feridos, contención de verteduras e derivación dun buque a porto.        

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade