Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un día para homenaxear un animal nobre e en perigo de desaparición: o burro

Un día para homenaxear un animal nobre e en perigo de desaparición: o burro

Visitamos na Laracha un xacemento arqueolóxico onde se puxo en marcha un proxecto pioneiro con Albino, un burro peculiar que, xunto a dúas mulas e dous ponis, rozan de maneira natural este espazo

O burro Albino forma parte dunha experiencia pioneira de roza natural no xacemento arqueolóxico de Montesclaros, na Laracha
G24.gal 08/05/2026 14:23

O burro foi domesticado hai uns 7.000 anos en África. Empregouse como animal de tiro e carga en labores agrogandeiros, e para o transporte, pero a mecanización deses traballos fixo que minguara a súa poboación, ata o punto de estar en perigo de extinción. É o caso do burro fariñeiro, a especie autóctona galega, pola que traballa a Asociación Abufa. O seu presidente, Xacobe Pérez, sinala a importancia de que sexa recoñecida como raza.

O burro ten unha esperanza de vida de 40 anos e en contra da súa reputación, son animais moi intelixentes, sociables e entregados. E por iso se empregan en moitas terapias. O burro fariñeiro ten ademais outras peculiaridades. É pequeno e lixeiro, por iso era idóneo para carrexar a fariña dos muíños.

Na Laracha están a desenvolver con éxito unha experiencia pioneira con Albino, e outros 4 ponis e mulas no xacemento arqueolóxico de Montesclaros: a roza natural deste espazo, como relata Purificación Soto, arqueóloga e directora das intervencións.

Estímase que en Galicia quedan uns 300 exemplares de burro fariñeiro, ao que reivindican cada primeiro de maio na Romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños en Tui.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade