Aterrorizados en Tui por unha manda de cans moi agresivos
Os cans dun veciño de Randufe agriden persoas e matan animais
Os veciños da parroquia tudense de Randufe están aterrorizados por unha manda de cans, polo menos oito, que traban nos veciños e nos animais.
Son extremadamente agresivos, tanto que os veciños baixan o lixo con paus para protexérense. O último intento de agresión foi este mércores cando unha veciña foi cercada contra un muro por media ducia de animais e tivo que ser auxiliada para fuxir.
Carmen Domínguez Bugallo ten fotos e vídeos das lesións que sufriu hai catro anos polas trabadas do can do seu veciño. As lesións aínda permanecen agora e tivo que recibir atención médica no hospital.
A última vítima foi María Xosé este mércores, quen conseguiu repeler o ataque, pero sufriu un episodio de ansiedade. Puxo este venres a denuncia na Garda Civil.
A Casiano e á súa muller matáronlles dúas ovellas. Ás once da mañá deste mércores puxeron a denuncia na Garda Civil.