Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avistan nas illas Cíes un exemplar de gaivota chorona americana

Avistan nas illas Cíes un exemplar de gaivota chorona americana

A ave albiscouse en pleno "intercambio de opinións" con outra común no parque nacional

G24.gal 16/05/2026 17:37 Última actualización 16/05/2026 18:55

A aparición dunha gaivota chorona americana sorprendeu a numerosos visitantes que este sábado paseaban polas Cíes, integradas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A gaivota chorona americana, coñecida cientificamente como larus atricilla, é orixinaria das zonas costeiras de América do Norte e chega a estender os seus dominios ata o mar Caribe e a zona alta do continente suramericano.

O raro é topala a 6.000 quilómetros da súa colonia orixinal. Na ría de Vigo, albiscouse en pleno "intercambio de opinións" cun exemplar común desta especie. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade