Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dado de alta o último paciente ingresado por hantavirus no Hospital Gómez Ulla

Dado de alta o último paciente ingresado por hantavirus no Hospital Gómez Ulla

No centro hospitalario chegaron a estar ingresados 14 españois que viaxaban no cruceiro MV Hondius, afectado por un brote de hantavirus que causou a morte a tres persoas

Hospital Gómez Ulla. Jesús Hellín / Europa Press (Arquivo) Hospital Gómez Ulla. Jesús Hellín / Europa Press (Arquivo)
G24.gal 16/06/2026 20:21

O último paciente que permanecía ingresado no Hospital Central da Defensa Gómez Ulla por infección por hantavirus recibiu a alta hospitalaria e xa se atopa no seu domicilio.

Con esta alta, non queda ningún paciente hospitalizado por este episodio, informaron fontes do Ministerio de Sanidade este martes.

No Gómez Ulla foron ingresadas 14 persoas o 10 de maio  

Catorce españois que viaxaban no cruceiro MV Hondius (13 pasaxeiros e un tripulante) ingresaron no Gómez Ulla o 10 de maio, cando foron evacuados en Tenerife do buque, afectado por un brote de hantavirus que causou a morte a tres persoas.

Dos 14 españois illados, 12 permaneceron ingresados como contactos en corentena e dúas deron positivo por hantavirus en distintos momentos, polo que foron atendidos na Unidade de Illamento de Alto Nivel.

O pasado 7 de xuño, foron datos de alta os 12 que eran considerados contactos e non estaban infectados por hantavirus, segundo as probas PCR que se foron practicando semanalmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade