Publicador de contidos

Publicador de contidos

Danlle a alta ao franco-arxentino contaxiado de hantavirus que estaba illado en Galicia

Danlle a alta ao franco-arxentino contaxiado de hantavirus que estaba illado en Galicia

O paciente deu negativo na proba de PCR e xa iniciou a viaxe de regreso ao seu lugar de orixe

Os dous contactos estreitos do caso, que tamén deron negativo, continuarán a corentena, tal e como establece o protocolo

Arquivo (Reuters) Arquivo (Reuters)
G24.gal 10/08/2026 13:00 Última actualización 10/08/2026 13:12

O cidadán franco-arxentino que desde o pasado xoves permanecía illado en Galicia tras contaxiarse de hantavirus en Francia xa foi dado de alta, posto que a proba PCR que se lle realizou deu negativa, segundo confirmou a Consellería de Sanidade, e o paciente xa iniciou a viaxe de volta ao seu lugar de orixe.

Os dous contactos estreitos -da súa contorna familiar- que gardaban corentena con el no mesmo domicilio tamén deron negativo nas probas PCR que se lles realizaron, aínda que continuarán illados.

Destacan que esta decisión responde o protocolo establecido polo Ministerio de Sanidade para estes casos. Os 42 días de illamento que se determinaron cóntanse, especifican tamén, desde o 28 de xullo.

A noticia transcendía o pasado xoves, cando se coñeceu que unha persoa de orixe franca-arxentina viaxara a Galicia e, aínda que asintomática, dera positivo en hantavirus, da variante Andes.

O paciente en ningún momento precisou do seu ingreso nun centro médico.

O pasado venres, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, informaba con detalle do protocolo que se estaba seguindo, en continua comunicación co Ministerio de Sanidade, e polo que se rexistraran dous contactos estreitos -da súa contorna familiar-.

Así, determinouse que os tres permanecesen illados nun domicilio particular ata que as probas revelasen a súa negatividad no virus, como se notificou este luns.

Carmen Durán facía ademais un chamamento á tranquilidade, asegurando que o hantavirus "non é a covid" e que non había ningún galego contaxiado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade