Publicador de contidos

Publicador de contidos

O turista con hantavirus, illado nun domicilio xunto a dous contactos estreitos e asintomáticos

O turista con hantavirus, illado nun domicilio xunto a dous contactos estreitos e asintomáticos

Os tres proceden da Arxentina e chegaron a Galicia o pasado luns tras viaxar por Francia

O risco de contaxio á poboación é practicamente inexistente e as autoridades sanitarias chaman á calma

O turista con hantavirus que está en Galicia puido ser contaxioso do 18 ao 28 de xullo

Ganglio linfático extraído dun paciente sospeitoso de ter Hantavirus. Reuters.
G24.gal 07/08/2026 14:54

Para protexer a súa identidade, as autoridades sanitarias non informan da localización exacta dos tres turistas. Si sabemos que están nun domicilio e non nunha instalación hospitalaria.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, informou de que a persoa que deu positiva vai estar illada "ata que poidamos darlle un alta epidemiolóxica" e, os contactos estreitos, outras dúas persoas, van estar corentenadas 42 días.Para calcular cando empezan a contar eses 42 días, hai que determinar cal foi o último día en que o positivo tivo síntomas de hantavirus.

As autoridades francesas saben que o paciente positivo chegou da Arxentina, e que visitou tres rexións do país. O día 23 de xullo acudiu a un hospital galo.

"Presentaba unha clínica anódina, inespecífica, e por protocolo, porque viñan da Arxentina, fixéronlle a proba e nin sequera ingresou, foi dado de alta", informou a epidemióloga María Otero.

Desde Francia, os tres viaxaron directamente a Galicia. Chegaron o luns desta semana, e foi na nosa comunidade onde souberon do resultado positivo. Ningún deles ten síntomas.

Segundo Marta Piñeiro, directora do Centro galego para o control e prevención das enfermidades, "o risco aquí non existe", pero si hai que facer seguimento de todos os contactos estreitos "porque eles si están en periodo de incubación".

Vánselles facer PCR aos tres e o próximo luns, en función dos resultados, determinarase os seguintes pasos.

A Xunta, o Ministerio e as autoridades francesas traballan coordinados. En todo caso, todos fan un chamamento á calma.O epidemiólogo Juan Gestal sinala que, neste caso, a carga viral é moi baixa, e, polo tanto, o risco de transmisión é "practicamente inexistente".

A detección deste caso en Galicia prodúcese un mes despois de que a OMS dera por pechado o gromo rexistrado no cruceiro Hondius.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade