Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Chantada marchan en caravana pola N-540 para esixir o seu arranxo integral

Veciños de Chantada marchan en caravana pola N-540 para esixir o seu arranxo integral

Chea de fochancas é a principal vía de conexión entre Lugo e Ourense

Hai uns días comezaron a bacheala, pero os veciños esixen súa reparación integral, non parches

G24.gal 14/03/2026 14:35

A marcha lenta, a mesma velocidade que lles esixe circular o mal estado da nacional  N-540 sen poñer en risco a vida

"Hai que ir moi lento, esquivar as fochancas, é imposible", di unha muller; un home engade "Eu teño unha moto e ir nela é moi perigoso"

Unha caravana de vehículos percorreu a distancia entre Chantada e a Barrela en protesta para esixir o arranxo integral da vía

"A última vez que se asfaltou de forma integral a estrada foi no ano 96", di un veciño.

Hai uns días as máquinas comenzaron a traballar para reparar a via pero os vecinos desconfían

"Queremos un arranxo que dure e non parches" explica un veciño. 

Levan dous anos de protestas, polo estado da nacional e reivindicando unha autovía da que so hai un treito feito e o resto non se lle espera.

"Estamos no corazón de Galicia e queremos as infraestructuras que nos merecemos", di o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

A N-540 e a principal vía de conexión entre Lugo e Ourense e na que cada ano se rexistran unha media de 250 accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade