Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volver á universidade tras a xubilación

Volver á universidade tras a xubilación

Aumentan os universitarios séniors en Galicia. Os maiores explican como é a positiva experiencia de volver ás aulas tras a xubilación.

G24.gal 10/10/2025 14:08

Son moitas as persoas que volven ás aulas tras a xubilación. José Luis, Marisa e Constantino son un exemplo. E case sempre volven para estudar, ou mellor dito aprender, algo que non ten ningunha relación coa súa profesión. E para nada son materias fáciles.

Un dos encantos de volver ás aulas é a socialización. O ciclo integrado permite os estudantes sénior compartir aula e contidos cos estudantes dese grao.

Non fan exames, pero teñen as mesmas obrigas ca un estudante universitario. Apostan por unha metodoloxía centrada nos traballos, nos debates e, sobre todo, na experiencia vital deste grupo de persoas. 

En Galicia hai máis de 3.000 alumnos sénior matriculados nos sete campus da comunidade. A demanda de prazas é tan alta que hai alumnos e alumnas en listaxe de agarda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade