O paraugas, complemento imprescindible nestes días
Unha empresa coruñesa fabrica paraugas artesanais dende 1952
Parecía que este outono non ían facer tanta falta os paraugas, pero xa van tres días de choiva e ollo, porque aínda veñen por diante varias xornadas máis pasadas por auga, con avisos por chuvia e tamén polo vento. Así que, con este panorama, non semella mala idea investir nun paraugas resistente, que soporte as inclemencias do tempo.
Fundada nos anos 50, unha tenda coruñesa sobreviviu a modas, crises e temporais e hoxe vai xa pola terceira xeración, pero seguen cosendo cada peza como se facía antes. E esta precisamente din que é a clave, procurar darlle ao cliente calidade, e que á hora do vento que aguanten; "pódense arranxar, e iso tamén é importante, porque hoxe en día moitos non se poden arranxar, porque non teñen pezas de recambio", comenta a responsable do negocio.
Iso é o feito de que duren máis dunha tempada é o que para moitos clientes tamén xustifica o gasto.
Din que non son invencibles, pero case. Veremos como se comportan co que temos por diante. Porque segundo as previsións de cara á tarde, a chuvia irá gañando protagonismo, deixando en aviso toda a provincia de Pontevedra.
Os ventos do suroeste tamén farán que se active un risco de nivel amarelo en áreas do litoral norte. E o peor agárdase para os vindeiros días, porque un río atmosférico traerá choiva intensa ata o sábado.