Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia constante e a ausencia de luz solar condiciona o estado de ánimo

A chuvia constante e a ausencia de luz solar condiciona o estado de ánimo

Se leva días con apatía, desgana ou falta de enerxía, quizais non sexa só cousa súa: a chuvia prolongada pode alterar o noso equilibrio hormonal

Nas persoas máis sensibles aos cambios pode producir un trastorno afectivo estacional
 

G24.gal 04/02/2026 14:25

Cun ceo de nubes negras e unha chuvia case perpetua, pensar que un día abrirá o sol pode ser cuestión de actitude, pero o que vemos pola ventá aféctanos.

"Ata que sobes a persiana mantés a esperanza, pero despois xa ves que é igual que sexan as seis que as doce".

"Xa estamos agoniados".

"Estamos mal dos ósos e do ánimo", din varias persoas.


Non é unha impresión subxectiva: a apatía, a modorra e a desgana destes días ten base científica.

"E ás persoas que lles poida afectar máis poden desenvolver o que se chama trastorno afectivo estacional, o que podemos dicir unha depresión invernal", di Fernando Lino Vázquez ,catedrático de Psicoloxía Clínica na USC.


A situación meteorolóxica altera o estado de ánimo, o comportamento e o equilibro hormonal.

"Hai unha serie de cambios no noso organismo, nos nosos neurotransmisores, nas nosas hormonas. Por exemplo a falta de luz lévanos a xerar menos serotonina, e iso axúdanos a ter algo máis de tristeza ou estamos máis apagados". "Se liberamos algo máis de melatonina, que sucede cando os días son escuros, o que nos sucede é que temos menos enerxía", explica Fernando Lino.

Con todo o que fagamos, mentres agardamos a que volva o sol, pode contribuír a sentirnos mellor. E hai lecturas que semellan acaídas.

"Neste tempo de chuvia hai unha que vén ao caso perfectamente, que é o libro de 'E apenas nada', que é a historia dun neno que busca a chuvia. Ata apetece que chova para gozalo dobremente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade