A lagoa de Antela recupera o seu espazo na Limia
A que fora unha das zonas húmidas da Península Ibérica foi desecado en 1958 pola ditadura franquista para conseguir terras de cultivo
A desecación provocou a desaparición de numerosas especies, tanto de flora como de fauna
En invernos especialmente chuviosos, coma este, a lagoa recupera o seu espazo na Limia. Ata os anos 60 do século pasado, a auga asolagaba unha 4.000 hectáreas en cinco concellos. A barcas facíanse imprescindibles no día a día dos limiaos, como nos lembra Pepita Manso, veciña de Sandiás, que aínda lembra como as usaban para ir coller os ovos das numerosas especies de paxaros que aniñaban entre a vexetación da Lagoa.
Foi a maior zona húmida de Galicia e un dos mais importantes da Península Ibérica, pero ao longo da historia foron varios os proxectos para intentar desecala, tanto por motivos de salubridade como económicos.
Non se logrou ata 1958, cando o réxime Franquista comezou os traballos para transformar esas terras en zonas de cultivo. Unha actuación que afectou gravemente a biodiversidade da zona.
Segundo a Sociedade de Historia Natural, tan só en aves desapareceron dez especies distintas.