Boas previsións para a campaña da pataca na Limia
A comarca da Limia prepárase para iniciar a campaña de recollida da pataca, os traballos comezarána a instesificarse de xeito xeneralizado a paritr de mediados de mes
Segundo os técnicos e os produtores a previsións son positivas, apuntan a unha colleita de moi boa calidade e unha maior cantidade que o ano pasado
Con todo, as altas temperaturas, boas para a non proliferación de enfermidades, poden afectar á cantidade da produción
Tras un verán marcado pola calor e a necesidade de rega, os produtores agardan un bo rendemento do tubérculo e tamén uns prezos mellores que o ano pasado.
A comarca da Limia comeza pondo a punto as colleitadoras. Aínda faltan uns 15 días para que o tubérculo acabe de facerse e empece o forte da recollida. As primeiras previsións son positivas.
"Aqueles agricultores que están amparados pola IXP (Pataca de Galicia) e que plantaron Kennebeck van ter unha colleita moi boa, é dicir, patacas moi boas, grandes, con bo número de tubérculos e unha calidade excepcional", asegura Servando álvarez, técnico do INORDE en Xinzo de Limia.
"Tamén viñeron as calores moi fortes no verán e gtamén repercutiu na cantidade de quilos, pero mellor que o ano pasado creo que si", explica Camilo Maus, produtor de Patacas na Limia.
Hai optimismo en canto á calidade, pero din que é pronto para falar de cantidades. Segundo Servando Álvarez a a produción variará dependendo das zonas da comarca, e tamén as variedades. Os agricultores cualifican a campaña pasada de "desastrosa", e as previsións falan de que superarán os 80 millóns de quilos do ano pasado, pero que non se recollerán 120-130 millóns de quilos de media que son a produción da Limia".
"Ao vir tempo quente non proliferan os fungos entón queda máis recurtada a coleita, pero é boa", di o pataqueiro Camilio.
Por unha banda, a calor favoreceu a boa sanidade das patacas, pero tamén obrigou a intensificar os regadíos, indispensables xa para a produción.
"Ademais xa vemos que cada vez vai máis calor, máis calor", apunta o presidente da Comunidade de Regantes Nova Limia, Amador Saburido.
"A rega permítenos sacar a colleita adiante", asegura Amador Díaz Penín, o aldalde de xinzo de Luimia e produtor de patacas.
Apuntan que a variedade Agria, a destinada á industria para fritir é a que máis puido sufrir pola elevadas temperaturas, e ver reducida a súa cantidade.
E as expectativas tamén son boas en canto aos prezos.
"A redución de patacas noutras zonas vai permitir que o prezo sexa mesmo interesante. Co que eu creo que vai ser unha boa campaña para a Limia", asegura o alcalde de Xinzo de Limia, amador Díaz Penín.
A pataca na Limia é un motor económico. Nuns días coñeceremos os rendementos das distintas variedades, nunha comarca onde sementan unhas 3.200 hectáreas de patacas.
Esta fin de semana a pataca é a protagonista desta fin de semana, na sétima edición de Alimagro, a Feira do Agro da Limia.
E como xa vén sendo habitual tamén poderán degustar a gran tortilla xigante que elaborarán con máis de 300 quilos de patacas limiás.
No pavillón da vila de Xinzo de Limia a feira reúne produtores, empresas e profesionais do sector. Ademais da exposición con máis de cen marcas de maquinaria, os produtores puideron coñecer as novidades técnicas e comprobar o seu funcionamento con demostracións nos campos de ensaio do INORDE. É o maior escaparate da pataca con máis de 20.000 metros cadrados.