Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vodka 636 elabórase con patacas da Limia

O vodka 636 elabórase con patacas da Limia

 O vodka está destilado a partir de patacas da variedade agria porque contén altos niveies de almidón, o que permite obter un alcohol puro e con carácter

G24.gal 25/04/2026 17:46

Un grupo de agricultores, cocteleiros e empresarios galegos están detrás da creación de 636, un vodka elaborado con pataca da Limia.

"Porque non darlle un novo valor e que non fora só nun prato esa pataca, que tamén a puidéramos disfrutar nunha copa. E con esa idea foi como fomos iniciándonos." Explica Jaime Rodríguez, un dos promotores do Vodka 636.

Un producto que ten detrás seis anos de traballo para crear un vodka premium, elaborado de xeito artesanal que busca por en valor o territorio e transformar o producto local nun novo embaixador da Limia.

"Marcando a personalidade da pataca de Xinzo. Concretamente seleccionamos a pataca agria que nos da un almidón moi rico para conseguir uns acoholes de calidade e conseguir esa marca diferente a outros vodkas que temos no mercado." Di Rodríguez

Ata o propio nome da bebida é unha referencia ao territorio en que se cultiva a principal materia prima.

"O de 636 é a altitude media das plantacións das patacas en Xinto e queriamos reflectir xa no nome esa marca e ese territorio."

O resultado é un vodka con carácter, pero suave e con moitos matices e aromas.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade