Publicador de contidos

Publicador de contidos

Periga a colleita de cereal da Limia debido á cantidade de chuvia

Periga a colleita de cereal da Limia debido á cantidade de chuvia

No que vai de 2026 xa choveu o 60 por cento do normal nun ano e as leiras están totalmente asolagadas

G24.gal 02/02/2026 16:50

Nas leiras da Limia deberían ter plantado xa unhas 7.000 hectáreas de cereal de inverno, pero só van unhas 2.000.

A semente da pataca tamén vai con atraso. Os terreos están anegados, porque no que vai de 2026 xa choveu o 60 por cento do normal nun ano na comarca. 

As continuas chuvias, dende o outono, impediron entrar nas leiras a sementar. Calculan que o cereal que está na terra non chega nin ao 30 por cento do que é habitual.

Dende a torre da Pena vese como a lagoa recupera o seu espazo. As leiras anegadas van a máis co paso dos días. 

O ano pasado a seca botou por terra tamén o cereal de primavera, afectando a produción total do que se considera o celeiro de Galicia.

Temen que as previsións meteorolóxicas acaben afectando o resto da sementeira. Para poder entrar a traballar en moitas leiras debería estar sen chover polo menos un mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos