Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia sen descanso estraga o xa deteriorado asfalto das estradas da provincia de Lugo

A chuvia sen descanso estraga o xa deteriorado asfalto das estradas da provincia de Lugo

Os condutores quéixanse do mal estado das vías e do perigo que supón circular por elas, hai avarías a diario pola dimensión das fochancas 

O inverno está a ser duro, pero os condutores achacan a situación á falta de mantemento das vías

G24.gal 04/02/2026 13:35

Rodrigo recolle o leite por varios concellos da provincia de Lugo. Vai co seu camión polas estradas nacionais, comarcais e pola autovía, e asegura que non se salva ningunha.  

"Nos últimos quince días foron a peor, hai estradas polas que é inviable transitar", conta Rodrigo.

En moitos treitos as fochancas dominan o asfalto. Algunhas son de tal tamaño que para esquivalas hai que invadir o outro carril.

 "Hai que ir esquivando as fochancas, e pendentes da condución, algo pode fallar", di un condutor.

Porque estes días máis que nunca un debe poñer os cinco sentidos ao volante. 

"De noite as fochancas non se ven, os camións levan peso cando metes a roda ábrese máis e cando mete a roda un turismo tes un problema", comenta un mozo.

O inverno está a ser duro, pero para a maioría dos usuarios o problema está na falta de mantemento.

"Seguido chovendo, cada vez máis fochancas, tápanas pero aos dous días están igual" di un home, outro engade: "en verán tapan os buratos máis grandes e ven o inverno e volve a pasar o mesmo".

Na provincia hai catro estradas locais pechadas, tres por asolagamentos, e outra en Navia de Suarna tras caer unha das pontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade