Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stellantis Vigo volve parar a súa produción por falta de subministracións debido ao mal tempo

Stellantis Vigo volve parar a súa produción por falta de subministracións debido ao mal tempo

A produción da planta viguesa sofre de falta de subministracións debido ao temporal e paraliza as quendas de traballo que afectan ao sistema 1 que monta Peugeot 2008 e ó sistema 2 que monta as furgonetas 

Imaxe da planta de Stellantis en Vigo (Stellantis/EuropaPress) Imaxe da planta de Stellantis en Vigo (Stellantis/EuropaPress)
G24.gal 06/02/2026 10:33

A produción da planta viguesa de Stellantis volveu a verse afectada pola falta de subministracións debido ao temporal, e este venres cancelou gran parte da súa actividade.

Así, a empresa comunicou aos traballadores que, debido a "causas de forza maior", derivadas das malas condicións meteorolóxicas, o fluxo de aprovisionamentos viuse impactado e suspéndense varias quendas de traballo.

En concreto, canceláronse as quendas de tarde e de noite do sistema 1 (que monta o Peugeot 2008), e a quenda de tarde do sistema 2 (que monta as furgonetas).

Nos últimos días, a factoría automobilística viguesa tivo que suspender a súa actividade en varias ocasións por falta de pezas, debido ao impacto do temporal na súa cadea de aprovisionamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade