Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía pide o peche do caso do loteiro de Lugo investigado por supostamente simular un roubo

A Fiscalía pide o peche do caso do loteiro de Lugo investigado por supostamente simular un roubo

Pídese o arquivo da causa por falta de probas contra os tres investigados, o dono da administración e unha parella, presunta colaboradora no roubo

O roubo producíase en xaneiro do 2024, o dono da administración denunciaba o roubo a man armada dos 400.000 euros que gardaba nas caixas fortes

G24.gal 23/10/2025 11:53

En Lugo hai novidades no caso do loteiro investigado por presuntamente simular un roubo na súa administración. Fiscalía pide pechar o caso por falta de probas. O ministerio fiscal non ve motivos suficientes para levar a xuízo os tres investigados neste proceso: o dono da administración de lotaría e os seus presuntos socios na simulación do roubo.

O fiscal pon en dúbida que a parella investigada xunto ao loteiro cometera o roubo. Ve moitas contradicións nas súas declaracións. Tampouco son concluíntes as imaxes que captaron as cámaras dun negocio próximo á administración.

O roubo producíase o 4 de xaneiro do 2024. O responsable da administración denunciaba que dúas persoas armadas entraron no negocio e o obrigaron a baleirar as caixas fortes, en que presuntamente gardaba 400.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade