Comisados máis de 3.600 litros de augardente nunha destilería ilegal en Ponteareas
Dos tres alambiques intervidos, dous deles estaban en funcionamento cando os axentes chegaron, mentres que os 3.632 litros de augardente estaban no interior de 113 envases de distinta capacidade
O propietario é o dono do local, un home de 66 anos, veciño de Ponteareas, ao que se lle instrúen diversas actas por infraccións á Lei de represión do contrabando e á lei de impostos especiais

A Patrulla de fiscal e fronteiras da Garda Civil incautouse en Ponteareas de tres alambiques e 3.632 litros de augardente de bagazo. Sucedeu o pasado luns, segundo informou este xoves o instituto armado, que tivo coñecemento da existencia dun alboio que actuaba como de destilación de alcol en Ponteareas.
Cando procederon a inspeccionar o local, os axentes comprobaron que o alboio estaba habilitado como fábrica de alcol, con destilación artesanal, sen a preceptiva autorización.

Dos tres alambiques intervidos, dous deles estaban en funcionamento cando os axentes chegaron, mentres que os 3.632 litros de augardente estaban no interior de 113 envases de distinta capacidade.
O propietario é o dono do local, un home de 66 anos, veciño de Ponteareas, ao que se lle instrúen diversas actas por infraccións á Lei de represión do contrabando e á lei de impostos especiais.