Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido tras esnafrar o coche contra un escaparate nunha zona peonil de Vigo

Detido tras esnafrar o coche contra un escaparate nunha zona peonil de Vigo

O condutor deu positivo na proba de alcolemia

Foi arrestado polos delitos de resistencia á autoridade e contra a seguridade viaria

G24.gal 22/09/2025 15:42 Última actualización 22/09/2025 16:04

Un condutor quedou detido en Vigo despois de chocar co seu vehículo contra o escaparate dun negocio. Sucedeu nun espazo peonil como é a Porta do Sol onde os vehículos teñen prohibido circular. O condutor deu positivo na proba de alcolemia e quedou detido por un delito contra a seguridade viaria e resistencia á autoridade. 

Sucedeu na madrugada do domingo por iso moitos comerciantes non tiveron constancia ata a mañá deste luns do acontecido. O condutor accedeu pola rúa Doutor Cadaval. No centro da praza comezou a manobrar ata que bateu marcha atrás contra o escaparate provocando danos materiais.

O condutor quedou detido por un delito contra a seguridade viaria, desobediencia e resistencia á autoridade. Deu positivo na proba de alcolemia. Ía acompañado por outras dúas persoas no turismo que foron identificadas en dependencias policiais.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade