Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixa o consumo de alcol en alumnos adolescentes e o de tabaco e cánnabis cae a mínimos

Baixa o consumo de alcol en alumnos adolescentes e o de tabaco e cánnabis cae a mínimos

Segundo a ministra de Sanidade, Mónica García, "os mozos do noso país teñen os hábitos máis saudables dos últimos 25 anos"

G24.gal 05/11/2025 11:49

O consumo de substancias psicoactivas por parte dos estudantes de 14 a 18 anos baixou de forma xeneralizada nos dous últimos anos, tanto o de alcol, cun descenso de ata cinco puntos dos adolescentes que beberon no último mes, como o de tabaco e cánnabis, que cae ao seu mínimo histórico.

O mesmo ocorre os vapeadores: aínda que se mantén estable a porcentaxe dos que o usaron no último mes (27,1 %), baixa cinco puntos o dos que o probaron algunha vez na vida (49,5 %), segundo a última Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios (Estudes) presentada este mércores.

Realizado con 35.256 entrevistas a estudantes de Ensino Secundario de entre 14 e 18 anos, o estudo bienal do Ministerio de Sanidade reflicte caídas xeneralizadas de todas as substancias en todos os tramos temporais analizados: algunha vez, últimos 12 meses e últimos 30 días.

Ante estes datos, a ministra de Sanidade, Mónica García, quixo lanzar unha "mensaxe de optimismo" porque "os mozos do noso país teñen os hábitos máis saudables dos últimos 25 anos", o cal non significa que non queden moitos retos pendentes, como o de reducir a prevalencia do consumo de alcol ou avanzar no control dos novos produtos derivados do tabaco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade