Dúas persoas morreron e quince quedaron feridas en varios accidentes por golpes de mar en Tenerife
Os falecidos son un home e unha muller que morreron en diferentes golpes de mar
O 112 lembra que as Canarias atópanse en prealerta por fenómenos costeiros e pide ter a máxima precaución
Emerxencias rescatando as persoas que caeron ao mar no porto de Santa Cruz de Tenerife. Foto: Europa Press
Dúas persoas morreron e 15 resultaron feridas este sábado en distintos incidentes por golpes de mar en Tenerife. Este sábado o mar está complicado nas illas, Canarias está en prealerta por fenómenos costeiros.
Seis turistas franceses caen a auga por un golpe de mar na praia do Roque das Adegas en Taganana, Santa Cruz de Tenerife
O primeiro incidente rexistrouse na praia do Roque das Adegas en Taganana, en Santa Cruz de Tenerife, despois de que seis turistas franceses quedaron feridos ao caer á auga tras un golpe de mar.
Os efectivos de emerxencias activados polo Centro Coordinador de Emerxencias e Seguridade 112 acudiron ao lugar cun helicóptero medicalizado e dúas ambulancias de soporte vital básico do Servizo de Urxencias Canario.
O helicóptero medicalizado trasladou a unha muller, que presentaba lesións de carácter moderado, ata o Hospital Universitario Nosa Señora da Candelaria.
O resto dos accidentados presentaba lesións de carácter leve, aínda que catro deles tamén tiveron que ser hospitalizados e un quinto foi asistido no lugar do incidente.
Fuentes da Policía Local explicaron que o golpe de mar arrastrou aos afectados tras non obedecer un balizamento preventivo que estaba colocado na zona.
Efectivos @BomberosTf y helicóptero del #GES rescatan a una mujer lesionada tras sufrir una caída en Granadilla #Tenerife
— 112 Canarias (@112canarias) November 8, 2025
➡️Personal del #SUC asiste y traslada al hospital. Intervino @Poli_Granadilla https://t.co/fNM5D2uLfc pic.twitter.com/zNCOvNPLtV
Aparece un home aboiando na praia do Cabezo de Granadilla de Abona
Ás 14:02 horas, o 112 informaba que aparecera un corpo aboiando no mar na praia do Cabezo de Granadilla de Abona, ao sur da illa.
Os socorristas do Servizo de Salvamento en Praias comprobaron que o home estaba en parada cardiorrespiratoria e comezaron a practicarlle as manobras de reanimación cardiopulmonar ata a chegada do persoal do Servizo de Urxencias Canario, que continuou realizando manobras de reanimación cardiopulmonar avanzadas sen resultado. Nada poideron facer pola súa vida e confirmaron o seu falecemento.
O mar arrastra 10 persoas no Peirao de Santa Cruz; unha muller morre no accidente
Unha hora máis tarde, ás 15:00 horas, outro golpe de mar no peirao de Puerto de la Cruz, ao norte da illa de Tenerife, arrastrou á auga a dez persoas.
Axentes da Policía Local e outras persoas que se atopaban no lugar rescataron aos accidentados que caeron á auga. Unha as persoas rescatadas, unha muller, estaba en parada cardiorrespiratoria e comezaron a practicarlle manobras de reanimación.
O persoal do Servizo de Urxencias Canario, que desprazou cinco ambulancias ao lugar, continuou practicando manobras de reanimación cardiopulmonar avanzadas sen obter resultado, e finalmente confirmaron o seu falecemento.
Outras tres das persoas rescatadas presentaban traumatismos de carácter grave, catro de carácter moderado e outros dous leve, e foron hospitalizados en distintos centros sanitarios.
O 112 lembra que Canarias se atopa en prealerta por fenómenos costeiros e pide ter a máxima precaución, como alonxarse dos zonas próximas a auga en peiraos ou espigóns, recomenda non arriscarse a sacar fotografías ou vídeos preto de onde rachan n as ondas, ademais de seguir as indicacións dos socorristas.