Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home tras caerlle unha árbore en Valdoviño

Morre un home tras caerlle unha árbore en Valdoviño

Segundo informou un particular, un home sufrira un accidente cando estaba a cortar unha árbore

Logo de acudir ata o punto, nunha zona de difícil acceso, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa

G24.gal 12/03/2026 13:24 Última actualización 12/03/2026 15:15

Unha persoa faleceu logo de caerlle unha árbore enriba en Valdoviño. O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste accidente arredor das 12:20 horas deste xoves. Segundo informou un particular, un home sufrira un accidente cando estaba a cortar unha árbore no Cameleiro, en Valdoviño.

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Mugardos, á Garda Civil e á Policía Local.

Logo de acudir ata o punto, nunha zona de difícil acceso, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa, logo de que lle caera enriba a árbore que estaba cortando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade