Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o corpo da moza desaparecida tras romper a pasarela na praia do Bocal, en Santander

Atopan o corpo da moza desaparecida tras romper a pasarela na praia do Bocal, en Santander

Un operativo especial traballaba na procura da estudante desde o día do accidente 

O suceso deixa seis mortos e unha moza ferida, que non corre perigo

Membros do operativo de busca
G24.gal 05/03/2026 16:08

O corpo da moza de Guadalaxara, desparecida tras caer ao mar cando rompeu a pasarela na praia do Bocal pola que ía cun grupo de seis amigos, foi atopado este xoves, sobre as 13:00 horas, na zona onde traballaba un operativo de rescate.

Confirmouno o delegado do Goberno en Cantabria, Pedro Casares, na súa conta de X.

"Todo o noso agarimo para a súa familia e amizades. Grazas aos efectivos da Policía Nacional, a Garda Civil, o 112 Cantabria, Protección Civil e Salvamento Marítimo", engadiu Casares, quen agradeceu, sobre todo, o traballo dos GEO.

Un axente do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional (GEO), que chegaron onte a Santander con outros compañeiros e un dron subacuático para buscar á moza desaparecida, foi quen localizou o corpo no mar.

Desde o martes, cando se produciu o suceso, buscábase nesa zona do litoral á moza de 20 anos, despois de localizar ese día os corpos dos seus cinco compañeiros que atravesaron con ela a pasarela que rompeu e caeron ao mar.

A outra moza que ía co grupo, de 19 anos e de Áraba, puido agarrarse a unha roca e foi rescatada con vida. Permanece ingresada na unidade de coidados intensivos do Hospital de Valdecilla e a súa vida non corre perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade