Alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo e neve por riba dos 1.000 metros
A Xunta mantén o nivel amarelo en Pontevedra
Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos municipios afectados
Unha fronte fría deixará este venres precipitacións en Galicia e neve a última hora por riba dos 1.000 metros
(Elena Fernández/Europa Press)
A Xunta activou alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo para o venres e o sábado, mentres mantén nivel amarelo en Pontevedra.
Todos os municipios do litoral da Coruña e de Lugo estarán en alerta laranxa por ondada entre as 18 horas do venres e as 6 horas do sábado.
Así mesmo, entre as 9 horas de mañá e as 18 horas do sábado manterán nivel amarelo -excepto nas franxas que sexa laranxa-, segundo informa MeteoGalicia.
Nos concellos da costa de Pontevedra a alerta será amarela entre as 15 horas do venres e as 18 horas do sábado.
A Xunta informa nun comunicado que se suspende a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos municipios afectados.
Responde así a unha alerta emitida pola Axencia Estatal de Mteorología e lembra a importancia de extremar as precaucións.
Unha fronte fría chegou á comunidade galega nas primeiras horas deste venres deixando precipitacións que comezarán pola mañá polo oeste e que irán chegando ao resto co avance do día, segundo o prognóstico de MeteoGalicia.
Xa cara á noite, a cota de neve estará arredor dos 1.000 metros.
As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso.