Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertas para este venres en Galicia por vento, fortes ondas e neve

Alertas para este venres en Galicia por vento, fortes ondas e neve

Aviso a laranxa na Costa da Morte e as Rías Baixas, con previsión de ondas de ata seis metros

O aviso será amarelo por ventos en case toda Galicia e por neve na montaña de Lugo e Ourense por riba dos 1.100 metros, con acumulacións de cinco centímetros

Imaxe de arquivo da última nevarada no Alto da Gañidoira (Muras) Imaxe de arquivo da última nevarada no Alto da Gañidoira (Muras)
G24.gal 05/03/2026 18:43

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou unha alerta amarela en toda a costa galega para este venres, 6 de marzo, por ventos de forza 7 e mar do noroeste de ata 5 metros.

Igualmente, fixa unha alerta amarela na montaña de Ourense e Lugo por acumulacións de neve de 5 centímetros durante 24 horas en altitudes superiores a 1.100 metros.

Mentres, Meteogalicia eleva este aviso a laranxa na Costa da Morte e as Rías Baixas, con previsión de ondas de ata seis metros. Igualmente, establece aviso amarelo en boa parte de Galicia por fortes ventos.

A previsión de Meteogalicia para este venres é de ceos nubrados, con choivas débiles máis probables no leste e o norte, máis persistentes na Mariña de Lugo. A temperaturas terán poucos cambios con mínimas en descenso no interior e máximas á baixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade