Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas no interior de Lugo

A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas no interior de Lugo

Este sábado agárdanse ademais refachos fortes e saraiba grande en boa parte da provincia

directo
G24.gal 05/09/2026 13:29 Última actualización 05/09/2026 14:16

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, activou para a tarde deste sábado a alerta laranxa por tormentas no centro e na montaña de Lugo.

A Xunta asegura nun comunicado que o 112 informou os municipios da provincia afectada, a deputación, o servizo provincial e agrupacións de voluntariado de Protección Civil e os clubs náuticos, entre outros, co fin de garantir a seguridade.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), as tormentas podería ir acompañas de fortes refachos e saraiba grande. Por iso, recoméndase circular con precaución, non atravesar zonas alagadas ou que poidan chegar a anegarse e non aparcar nas marxes dos ríos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade