Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activado o aviso laranxa por choivas intensas nas montañas de Lugo e Ourense

Activado o aviso laranxa por choivas intensas nas montañas de Lugo e Ourense

A Xunta suspende as actividades escolares no exterior en 44 concellos a partir das 13.00 horas

Tamén quedan suspendidas as actividades deportivas federadas, agás as náuticas e acuáticas

Meteogalicia Meteogalicia
G24.gal 16/06/2026 22:36 Última actualización 16/06/2026 22:44

A Xunta activou para este mércores o aviso laranxa por choivas nas zonas da montaña e do sur de Lugo e na montaña de Ourense. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prevé precipitacións acumuladas de ata 30 milímetros nunha hora.

A Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as actividades escolares no exterior desde a unha da tarde nos concellos afectados.

Concellos afectados en Lugo

Na montaña de Lugo, a medida afecta Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

No sur da provincia, os concellos afectados son Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

Dezanove concellos en alerta na montaña de Ourense

Na montaña de Ourense, a suspensión afecta O Bolo, Carballeda de Valdeorras, O Castro de Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, O Riós, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.

Pola súa banda, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou suspender a actividade deportiva federada e o programa Xogade nas zonas afectadas, coa excepción dos deportes náuticos e acuáticos federados.

Ante a previsión de fortes choivas, as autoridades recomendan circular con precaución e consultar a información actualizada a través da páxina web do CIAE 112 Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade