Detido un ultra do Celta pola súa participación na pelexa con afeccionados do Lión
Non se descartan máis arrestos
A persoa detida é do grupo Tropas de Breogán
Afeccionados do Lión entrando a Balaídos. Adrian Irago / EUROPA PRESS
A Policía Nacional detivo este xoves un ultra do Celta pola súa suposta implicación na pelexa con afeccionados do Lión, ocorrida esta pasada noite ás portas dun local nocturno da rúa Areal.
Segundo fontes policiais, a persoa arrestada pertence ao grupo ás tropas de Breogán. Non se descartan máis detencións de implicados nestes incidentes.
Os feitos ocorreron a pasada noite, cando un grupo de encapuchados que ían armados cuns paus se presentaron ás portas do local onde se atopaban afeccionados do Lión.
Malia que os responsables do establecemento pecharon as portas, os encapuchados comezaron a golpear e romper os cristais, mentres que os seareiros do Lyon tamén trataron de enfrontarse aos atacantes lanzando mobiliario.
Ata o lugar desprazáronse numerosas unidades da Policía Nacional e da Policía Local. O 061 mobilizou dúas ambulancias e unha persoa foi trasladada ao PAC da rúa Pizarro.