Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un veciño de Crecente ao caer desde un muro cando traballaba nunha leira

Falece un veciño de Crecente ao caer desde un muro cando traballaba nunha leira

Helicóptero de emerxencias 061-Galicia /Arquivo Helicóptero de emerxencias 061-Galicia /Arquivo
G24.gal 12/03/2026 20:57

Un veciño de Crecente morreu este xoves ao caer desde un muro cando realizaba traballos de roza nunha leira, na parroquia de Vilar.

Foi un particular o que alertou ao 112, ás 13:15 desta tarde.

Ata o lugar se trasladou un helicóptero de emerxencias sanitarias pero o persoal médico xa non puido facer nada por salvarlle a vida.

Investíganse as causas do accidente. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade