O Deportivo cae 2-3 na prórroga ante o Barcelona e non xogará a final da Copa
O Barcelona e o Betis disputarán este domingo no Anxo Carro a final da Copa do Rei xuvenil 2026
Nuhu Fofana, cun dobrete, foi o gran protagonista e marcou o gol decisivo no minuto 112
O equipo de Pol Planas levou a iniciativa nos primeiros minutos, monopolizando o balón e tratando de instalarse en campo rival ante un conxunto coruñés que esperou ordenado para saír ao contragolpe. O partido acabou con empate a dous polo que se necesitaba o tempo engadido.
Tras un primeira parte da prórroga na que non pasou nada, o Barcelona retomou o control do partido no último cuarto de hora. Nunha boa xogada de Adrián Guerrero, Fofana conectou un cabezazo ante o que nada puido facer Rodrigo, que viu como o balón pasaba entre as súas pernas antes de cruzar a liña de gol. Buscou unha última reacción o equipo coruñés, pero non atopou opcións para forzar a quenda de penaltis.