Cargando resultados...
Piden abastecemento de auga doce no peirao deportivo do centro de Baiona
Os usuarios teñen que levar a auga en caldeiros desde as súas casas
G24.gal
12/03/2026 21:18
Portos de Galicia habilitou hai varios anos dous pantaláns no porto pesqueiro de Baiona para as embarcacións deportivas. A situación é inmellorable en pleno centro da vila. Pero os seus usuarios botan de menos ter acceso á auga doce.
Isto implica que teñan que lavar os barcos con auga do mar ou baixar auga das casas en caldeiros, unha imaxe terceiromundista para unha vila turística como Baiona.
A obra chegou a estar licitada e presupostada en 2023 pero nunca se fixo. A seguinte batalla será conseguir algún punto de luz e electricidade, pero polo de agora van paso a paso. Nas dúas cuestións eles asumirían a posteriori os consumos.