Publicador de contidos

Publicador de contidos

Con estas temperaturas tan altas é moi importante hidratarse ben

Con estas temperaturas tan altas é moi importante hidratarse ben

Ao que máis recorremos é a auga, pero hai outras opcións tamén refrescantes e saudables, como as infusións frías, os batidos de froitas e verduras, que ademais teñen moitos nutrientes

O que temos que evitar son as bebidas azucradas e o alcol

 

G24.gal 28/05/2026 14:23

Cando aperta a calor o que máis bebemos é...

 "Auga", di unha muller.

Soa ou nas súas variantes con gas, con froitas ou con herbas aromáticas.

"Tomo auga con limón", di un mozo.

A auga é a máis recorrida, pero hai outras opcións saudables para combater a calor coma as infusións frías ou os batidos de froitas e verduras.

"Estes batidos teñen electrólitos, o sodio, o potasio, axudan a reter a auga", explica o nutricionista Ricardo Estévez.

Combinados que teñen un alto contido en vitamina B que axudan a combater a fatiga. 

"E non debemos esquecer a froita enteira, que un 80 por cento é auga", engade Ricardo Estévez.

No tempo de ocio é cando adoitamos escoller peor.

 "Unha cola ou un café",di unha muller, e un mozo di que prefire: "Un cóctel".

Mellor sen alcol e sen azucre, porque todas estas bebidas deshidratan e son máis calóricas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade