Baiona aplica restricións no uso da auga da traída ante a diminución das reservas
O Concello publicou un bando coas medidas
O encoro de Baíña, que abastece o municipio, ten un 22% menos de agua que hai un ano
O Concello de Baiona publicou este luns un bando no que establece unha serie de restricións no uso da auga da traída, así como recomendacións ante a diminución da reserva hídrica e a persistencia da escaseza de precipitacións.
Así, a entidade local informou de que o encoro de Baíña, que fornece ao municipio, atópase a un 63,03% da súa capacidade, 22,4 puntos menos que fai hai un ano, polo que se adoptarán unha serie de medidas para preservar o abastecemento domiciliario como servizo público esencial.
O Concello estableceu a prohibición de uso da auga da rede municipal para rega de xardíns, hortas e zonas verdes públicas e privadas; para encher piscinas; para o lavado de vehículos particulares; baldeo de rúas, beirarrúas, garaxes ou terrazas; para o funcionamento de fontes ornamentais (salvo as que dispoñan de circuíto pechado); ou para calquera outro uso recreativo, ornamental e non esencial.
Igualmente, trasladáronse unha serie de recomendacións aos veciños, como a reparación inmediata de fugas nas instalacións particulares, o uso de electrodomésticos que funcionen con auga unicamente cando estean a plena carga e, en xeral, "evitar calquera consumo innecesario de auga potable".
"O Concello de Baiona agradece a colaboración dos veciños, lembrando que o uso responsable da auga é unha responsabilidade colectiva imprescindible para garantir o abastecemento suficiente a toda a poboación", sinalou o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña.
O rexedor tamén confirmou que o Concello levará a cabo a limpeza viaria e a rega sen auga procedente