A área de Santiago sofre a peor seca dos últimos corenta anos
A actual seca é peor que a de 1990. O motivo é a pouca chuvia que se rexistrou dende finais de febreiro
Apenas se recolleron 180 litros por metro cadrado, a cuarta parte do normal para esta época do ano, ao que se suman as altas temperaturas deste verán
O caudal do río Tambre baixou drasticamente tras meses sen precipitacións. O motivo é a escasa chuvia que se rexistrou dende finais de febreiro ata hoxe. Apenas uns 180 litros por metro cadrado, cando só en xaneiro e febreiro deste ano chegamos aos 720.
A esta falta de precipitacións hai que sumar as altas temperaturas que agravan máis unha situación inusual. A máxima foi o 5 de xullo con 38,1 graos.
A conca do Tambre xa está en prealerta por seca, e dende o concello de Santiago, xa dende finais de xullo, estableceron medidas de aforro e uso responsable da auga.
As esperanzas están postas nas chuvias de outono, onde deberían recollerse uns 900 litros por metro cadrado ata final de ano para chegar ás reservas de auga dun ano normal.