Aprender a convivir, un dos retos dos cans guía da ONCE na súa formación
Oak acaba de pasar unha semana en Galicia con Tania
Os cans guía que acompañan aos invidentes reciben unha completa formación. A primeira parte é un programa de socialización para aprender a comportarse en familia e a convivir.
Pasamos esta mañá nas Cíes cun grupo de formadoras, tres amigas de Madrid e Salamanca que viñeron a Galicia con Oak, un can labrador que pasa estas vacacións en Galicia.
Oak está aprendendo a relacionarse e comportarse en sociedade con Tania. Vai a concertos, ao ximnasio, a restaurantes e mesmo praias como a de Rodas, vetada habitualmente aos cans.
Oak pasará un ano de formación en mans desta voluntaria. Para facer ben o seu futuro traballo ten que aprender a non oubear, non se lle pode tocar nin chamalo polo seu nome. Tamén aprenderá a circular á esquerda e a guiar ao seu dono cun futuro arnés.
Pasará un ano en formación con Tania Guzmán e logo continuará a súa formación reglada na Escola de adestramento de Guías Caninos que a Fundación ONCE ten en Madrid en Boadilla.