Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dani Martín busca casa en Galicia

Dani Martín busca casa en Galicia

Numerosos famosos teñen xa propiedade na nosa comunidade

G24.gal 13/07/2026 16:36

O cantante Dani Martín, que ultimamente non sae de Galicia, estivo no Son do Camiño e esta fin de semana no PortAmérica, quere pasar aínda máis tempo entre nós e mercar casa en Galicia. Así llelo confesou aos asistentes ao seu concerto do sábado no PortAmérica.

Se finalmente consegue comprala, o cantante pasaría a formar parte dunha xenerosa lista de famosos que un día decidiron converterse nos nosos veciños.

Á espera de que Martín encontre casa a bo prezo, o último en facelo, e este non reparou en gastos, foi Richard Gere, unha rutilante estrela de Hollywood atraído por Galicia;grazas á súa muller, a coruñesa Alejandra Silva.

Compraron en Oleiros, a costa 'ben' da Coruña. Cando menos unha lexión de paparazzi cando poñan o pé aquí. Máis escépticos amósanse en Piñor co seu próximo veciño, Julio Iglesias. E por que non? Quen sabe se non está farto de tanto flamengo e caimán en Miami e prefire gozar da vista dunhas vacas pacendo nun prado do concello de Piñor, onde comprou un terreo de 13.000 metros cadrados? Cun terreo tan grande, se cadra, o difícil será encontrar suficiente servizo que o atenda. Tamén na provincia de Ourense, na Pobra de Trives, ten casa Joseph Finnes, unha estrela de Hollywod moito máis discreta que Gere, pero que non pasa desaparcibida entre os veciños. Noutra división están Alesandro Lecquio, con casa en Nigrán, e Belinda Washington, que apostou pola Mariña. En Corrubedo aforrou unha pasta na reforma dunha casa fronte ao mar o arquitecto británico David Chipperfield.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar