Publicador de contidos

Publicador de contidos

Famosos namorados de Galicia

Famosos namorados de Galicia

Moitos rostros coñecidos déixanse ver no verán por esta terra, e algúns deles mesmo mercaron casa

Norman Reedus, actor de 'The Walking Dead': "Quero unha casa en Galicia"
G24.gal 15/09/2025 15:54

Son famosos, teñen o mundo enteiro rendido ao seus pés, pero eles por quen suspiran é por Galicia. Cada vez son máis os que elixen esta terra como lugar de descanso e mesmo deciden mercar casa.

Empezamos o verán coñecendo a noticia da mansión que Julio Iglesias mercou en Piñor, e rematámolo sabendo que Richard Gere e a súa muller, a galega Alejandra Silva, van botar raíces en Oleiros.

Namoran dunha galega, e despois da terra. Así lle pasou tamén a Joseph Fiennes. O paraíso do protagonista de 'Shakespeare in love' está en Pobra de Trives.

Quen ten refuxio en Galicia dende hai tempo é o arquitecto David Chipperfield. En Corrubedo construíu o seu fogar.

Norman Reedus, coñecido mundialmente polo seu papel en The Walking Dead aínda non ten casa en Galicia, pero xa manifestou publicamente que a Costa da Morte era o seu recuncho favorito

"Adoro España, especialmente Galicia. Esa é a miña zona favorita, a Costa da Morte e toda esa zona, a comida, a arquitectura, a xente... ", confesa o actor.

Quen tamén amosou o seu desexo de mercar casa en Galicia, en Muros, é o pianista londiniense James Rhodes. Alí veranea e mesmo se atreve co galego.

"O galego é unha forma de conectar coas raíces dunha comunidade que amo", apunta o pianista británico.

Martin Sheen aínda non se animou co galego, pero si xa manifestou a fachenda que sente polas súas orixes.

 "Así que teño raíces moi antigas e moi fondas na vosa fermosísima Galicia", conta o actor.

Igual en breve nos dá tamén unha sorpresa e bota raíces en Parderrubias a aldea natal de seu pai en Salceda de Caselas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos