Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan a dous anos de cárcere o exrepresentante de Belén Esteban por apropiarse de case 400.000 euros

Condenan a dous anos de cárcere o exrepresentante de Belén Esteban por apropiarse de case 400.000 euros

A Audiencia Provincial de Madrid conclúe que desviou fondos durante anos

A sentenza atribúelle un delito continuado de apropiación indebida

A indemnización final superarará os 339.000 euros

G24.gal 24/11/2025 19:05

A Audiencia Provincial de Madrid condena a dous anos de cárcere a Toño Sanchís por apropiarse de 388.868,14 euros de Belén Esteban cando exercía como representante e xestionaba os ingresos derivados da súa actividade artística.

A Sala afirma que Sanchís desviou cartos de forma continuada aproveitando a relación de confianza que mantivo coa colaboradora televisiva.

Imponlle dous anos de prisión, seis meses de multa cunha cota diaria de 10 euros e a obriga de indemnizar a artista na contía que se determine en execución da sentenza.

A Xustiza acredita anos de desvío de ingresos

O tribunal considera probado que Sanchís dirixía a xestión e administración da Axencia de Servizos Lorant S.L., que captou a Esteban como clienta, negociou o contrato e decidiu a repartición dos ingresos entre as mercantís vinculadas á artista. Segundo a sentenza, aumentou de maneira unilateral a súa porcentaxe de comisión por riba do 20% pactado e incorporou ao seu patrimonio a diferenza non aboada.

Os maxistrados entenden que a relación persoal e profesional xerou un grao de confianza que levou a Esteban a non supervisar os cálculos ata que detectou irregularidades en 2015.

A resolución recolle que o acusado indicaba á sociedade xestora as cantidades que debían facturarse a favor de Bem Imaging S.L., sempre por baixo do que correspondía, para apropiarse da diferenza.

O vínculo contractual iniciouse o 13 de maio de 2009 entre a Axencia de Servizos Lorant S.L. e Belén Esteban, que designou a entidade como representante exclusiva para España e o estranxeiro. O acordo renovouse cada ano ata 2015.

A artista cobraba os ingresos a través de Bem Imaging S.L., que debía percibir o 80% do total, unha vez descontado o 20% de comisión.

Durante a vixencia do contrato, Sanchís apropiouse de 362.248,14 euros máis o IVE correspondente ao aplicar comisións superiores ás estipuladas e emitir facturas por importes inferiores aos debidos.

Estes feitos motivaron unha demanda civil presentada por Esteban e as súas sociedades, que reclamaron a entrega das cantidades desviadas.

A Xustiza estimou aquela demanda e condenouno á entrega de 388.868,14 euros. A parte demandante só recuperou 49.318,33 euros en efectivo e 375.000 euros pola adxudicación dunha vivenda en Villanueva del Pardillo, gravada cunha hipoteca superior aos 200.000 euros.

Segundo o cálculo da Fiscalía, o acusado deberá indemnizar a Bem Imaging S.L. con 339.549,81 euros, resultantes de restar ao total recoñecido xudicialmente a cantidade xa recuperada no proceso civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos