Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tren causa 8 incendios na provincia de Ourense e cortan a circulación de ancho convencional entre a cidade e Santiago

Un tren causa 8 incendios na provincia de Ourense e cortan a circulación de ancho convencional entre a cidade e Santiago

Os incendios, provocados polas faíscas do convoi, rexistráronse en Maside, Amoeiro, Punxín e Ourense

O corte non afecta á alta velocidade

A incidencia que causa a interrupción da circulación está no treito entre Ourense e O Irixo

Estabilizado o incendio de Ribas de Sil con 180 hectáreas queimadas e controlado o de Vimianzo e Laxe tras arder 220

Imaxe do incendio de Untes. Europa Press Imaxe do incendio de Untes. Europa Press
G24.gal 13/07/2026 15:30 Última actualización 13/07/2026 21:41

As faíscas dun tren rexional con destino Ourense causaron ata oito incendios nos municipios de Maside, Ourense, Amoeiro e Punxín na tarde deste luns, segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural.

En concreto, conforme detallaron estas fontes, sobre as 14:00 horas rexistráronse catro focos en Maside; dous en Ourense, un no monte de Untes; un sétimo foco en Amoeiro e o oitavo en Punxín. Medio Rural indicou que o Untes que afecta a tres hectáreas e xa está estabilizado. O outro incendio no concello de Ourense é en Arrabaldo e continúa activo.

O de Punxín tamén segue activo, e no concello de Maside, dous dos catro están extinguidos, outro está controlado e queda un aínda activo no que xa arderon 4 hectáreas. E en Amoeiro conseguiron estabilizar as lapas.

Na súa extinción traballan múltiples medios, entres eles as Brigada de Reforzo en Incendios Forestais e helicópteros do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Iso, segundo destaca a Delegación do Goberno, "de forma coordinada co dispositivo autonómico".

Aínda que a columna de fume do incendio de Untes se vía desde a cidade de Ourense,  e estaba próximo a vivendas, non houbo perigo.

Europa Press Europa Press

O Adif avisou, a través das redes, de que, debido á proximidade das lapas dun dos incendios á infraestrutura ferroviaria, está interrompida a circulación entre Ourense e O Irixo.

Os trens afectados son os de ancho convencional que circulan entre a cidade das Burgas e Santiago. Renfe estableceu un plan alternativo e está a transportar por estrada os pasaxeiros afectados. Aos de alta velocidade que conectan as dúas cidades non lles afecta o corte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos