Activa este mércores unha alerta laranxa por calor na montaña de Lugo
Tamén hai alerta amarela no centro de Lugo e no interior de Pontevedra
Arquivo TVG
A Xunta activou para este mércores unha alerta laranxa por altas temperaturas na montaña de Lugo, así como unha alerta amarela no centro de Lugo e no interior de Pontevedra.
Así o decidiu segundo os datos remitidos por MeteoSalud e Meteogalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións do Gobierno galego fronte aos posibles efectos as altas temperaturas.
Para elaborar o mapa de riscos para a saúde provocados polas altas temperaturas, a Consellería de Sanidade ten en conta os datos rexistrados por Meteogalicia e por Meteosalud.
Meteogalicia analiza as temperaturas máximas e mínimas diarias e tamén se se superan os límites establecidos para que poida ter lugar un episodio de calor. Pola súa banda, Meteosalud realiza os seus cálculos de acordo á análise das series temporais de temperatura e mortalidade tendo en conta os datos rexistrados nos últimos 20 anos.
Para anticiparse aos posible efectos das altas temperaturas na saúde da poboación galega, a Consellería de Sanidade ten en conta os niveis de alerta de ambos os sistemas co obxectivo de establecer un nivel de alerta de acordo aos seus datos.