Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o asasinato a coiteladas dunha nai e da súa filla tras un incendio en Mijas

Investigan o asasinato a coiteladas dunha nai e da súa filla tras un incendio en Mijas

A Garda Civil investiga se o lume foi provocado para ocultar o dobre crime e destruír probas 

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 08/07/2026 10:07

A Garda Civil investiga o asasinato a coiteladas dunha muller de 61 anos e da súa filla de 31, atopadas sen vida este mércores pola madrugada nunha vivenda de Mijas (Málaga), onde tamén se declarou un incendio.

Os servizos de emerxencias acudiron ao inmoble tras recibir un aviso por lume, pero a inspección ocular confirmou que ambas as mulleres presentaban feidas por arma branca. A investigación permanece aberta, e, polo momento, non se descarta ningunha das hipóteses. 

Os investigadores tratan de determinar se o incendio foi provocado para ocultar o dobre crime e destruír posibles probas. Ademais, nigunha das vítimas figuraba no sistema VioGén e a Garda Civil analiza se no asasinato puido participar algunha persoa da súa contorna. 

Os cadáveres serán trasladados ao Instituto de Medicina Legal de Málaga para practicárselles a autopsia, mentres a Garda Civil trata de esclarecer as circunstancias do suceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade