Publicador de contidos

Publicador de contidos

Portugal ratifica a Galicia os prazos para o AVE O Porto-Vigo

Portugal ratifica a Galicia os prazos para o AVE O Porto-Vigo

O presidente da Xunta insta ao Goberno central  a "cumprir a súa parte"

O presidente da Comisión Rexional do Norte de Portugal, Álvaro Santos e Alfonso Rueda. Europa Press. O presidente da Comisión Rexional do Norte de Portugal, Álvaro Santos e Alfonso Rueda. Europa Press.
G24.gal 08/05/2026 16:03

O presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Álvaro Santos, ratificoulle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, as previsións dadas polo país luso para a AVE Porto-Vigo e este instou o Goberno de España a "cumprir a súa parte".

Así o trasladou o mandatario galego en declaracións aos medios tras manter a primeira reunión institucional con Santos, tras a súa elección, que estivo marcada polo impulso á cooperación transfronteiriza e a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e o norte de Portugal.

Ambos, destacaron a "relación frutífera" nesta Eurorrexión que "tantos anos leva traballando e logros alcanzou", ademais de remarcar as relacións entre o Norte de Portugal e Galicia, por ser "máis fluídas, diarias, e cun resultado máis completos".

Entre os asuntos abordados, Alfonso Rueda agradeceu a Santos que lles confirmase que todo o que foi comunicando o Goberno luso sobre os traballos en marcha e prazos comprometidos "mantense de xeito estrito".

Polo que apelou directamente o Goberno de España para demandar que "faga nin máis nin menos que a súa parte e que cumpra igual que vai cumprir o Goberno portugués".

En materia de cooperación europea, ambos os dirixentes abordaron o peche do actual período económico da Unión Europea e a planificación de futuras convocatorias de fondos, co obxectivo de que a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúe sendo "a cooperación transfronteiriza con máis proxectos e máis fondos da Unión Europea".

A reunión tamén serviu para analizar o "incremento exponencial de peregrinos" a través dos dous camiños cara a Santiago que empezan en Portugal, especialmente o Camiño da Costa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade