En Aldán lamentan a perda da calidade das augas, que eran das mellores de Galicia
Eran categoría A, as únicas de Galicia, e desde hai unha semana son B
Diversos colectivos de Aldán en Cangas levan anos reclamando que se mellore a depuración na ría, que se separen as fecais das pluviais e que se constrúa unha nova estación de bombeo e se cadra unha nova depuradora que teña en conta a gran poboación de Cangas sobre todo no verán.
Desde hai unha seman as augas pasaron de ser categoría A a se de categoría B, cun gran quebranto económico e de calidade. O marisco apañado en zona A non precisa depuración e pode comerse cru.
Hai quen nota a degradación no cheiro e na calidade de auga cando se vai bañar. Ata agora eran as mellores augas de Galicia, coas de Cíes, Ons e Barra.
O que máis lles doe aos colectivos que traballan pola calidade da auga e que viven do marisqueo e do turismo de calidade é que levan anos alertando da degradación das augas e de que había que actuar xa.
Cómpre separar pluviais de fecais, renovar a estación de bombeo e facer unha depuradora máis grande que dea servizo a unha poboación en constante crecemento, sobre todo no verán e en xeral vacacións e fins de semana de bo tempo.