Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un indixente provoca unha nova liorta na praza do Toural, en Santiago

Un indixente provoca unha nova liorta na praza do Toural, en Santiago

Trátase do mesmo home que en xaneiro ameazou os viandantes cun coitelo

Veciños e comerciantes piden máis vixilancia policial e medidas para poñer fin a estas agresións, e temen que nunha delas poida haber consecuencias máis graves

G24.gal 09/03/2026 15:32

A conflitividade que xeran algúns indixentes na praza do Toural, en Santiago, volve á actualidade despois dunha agresión entre eles a botellazos que se rexistrou a plena luz do día esta fin de semana. O presunto agresor xa estaba este luns por aí outra vez como se nada.

Os veciños quéixanse desta situación, e reclaman unha solución estrutural e non ter que estar enfrontándose a situacións semellantes a cada paso. 

O último dos altercados produciuse a pasada fin de semana, o sabado á tarde. Un home empredíaaa a botellazos contra outra persoa. É o mesmo individuo que hai unhas semanas provocaba un altercado semellante. Neste caso ameazou cun arma branca os transeúntes nesta praza. En ambos casos foi gravado, en ambos casos foi detido e en ambos casos a resolución foi a mesma, quedando en liberdade ás poucas horas.

De aí que sexa fácil comprender a impotencia dos veciños e os comerciantes da zona.

 "Isto levámolo vivindo desde hai 7 ou 8 anos", di José María Iglesias, comerciante.

Din non ter nada en contra destas persoas, un pequeno grupo de politoxicómanos. Algúns deles viven na rúa e teñen problemas de sáude mental.

Piden máis vixilancia policial e medidas para poñer fin a estas agresións, e temen que nunha delas poida haber consecuencias máis graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade